24/04/2016 II Carrera solidaria Ladesol “corro por tu sueño”

A Fundación LADESOL organiza a II Carreira Solidaria LADESOL “Corro por tu sueño” o 24 de abril do 2016 na localidade de Vilagarcía de Arousa; baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Pontevedra. Haberá dúas modalidades distintas, carreira e andaina, para que cada participante escolla a que máis lle conveña.
 
HORARIOS
  • 10.00: Saída da categoría Benxamín masculino e feminino. 600m
  • 10:05: Saída da categoría Alevín masculino e feminino. 875m
  • 10.15: Saída da andaina. 4500m
  • 10.25: Saída da categoría Infantil masculino e feminino. 1730m
  • 10.35: Saída das categorías Xuvenil e Cadete masculino e feminino. 1730m
  • 10.50: Saída das categorías absolutas masculino e feminino. 10000m
  • 12.10: Saída da categoría prebenxamín. 150m
  • 12.15: Saída da categoría pitufos. 100m
LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO 
  • A saída da andaina será dende o paseo do Porto Deportivo á altura dos minicines (Ruta de Senderismo do Concello)
  • A saída de todas as carreiras será dende Avenida da Mariña diante do auditorio.
INSCRICIÓNS: A data límite para inscribirse on_line será o 21 de abril do 2016. TODO O RECADADO irá parar á Fundación LADESOL das Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: A retirada de dorsais realizarase no Colexio San Francisco o sábado 23 de 11.30 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 e o mesmo día e lugar da proba dende as 9.00 ata media hora antes da proba.
PREMIOS
Os premios para a ANDAINA serán os seguíntes:
  • Premio á mais Nova (Pedirase acreditación correspondente antes da entregada de premios).
  • Premio ó mais Novo (Pedirase acreditación correspondente antes da entregada de premios).
  • Premio á mais Veterana (Pedirase acreditación correspondente antes da entregada de premios).
  • Premio ó mais Veterán (Pedirase acreditación correspondente antes da entregada de premios).
Os premios para a CARREIRA serán os seguíntes:
  • Categorías Chupete, Prebenxamín e Benxamín: Medallas para todos os participantes.
  • Categorías Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil: Medalla para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos.
  • Categorías Junior, Promesa, Senior e Veterán: Trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos.

 

Resultados
  • Fechas:

    • Fecha de inicio: 24/04/2016
    • Fecha limite de inscripción: 21/04/2016
  • Hora

    • 10:50
  • Localización

    • Vilagarcía de Arousa

INSCRIPCIÓN

Deputación da Coruña

Deputación da Coruña

https://www.dicoruna.es/deportes

Clínica Sandá Fisioterapia

Clínica Sandá Fisioterapia

Rúa do Hórreo, 32, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña Teléfono:981 94 18 39

Tecalis

Tecalis

Software y Diseño Web www.tecalis.com

Forestal Gonzar

Forestal Gonzar

Restaurante Central

Restaurante Central

Rúa Da Raiña, 15 15704 Santiago de Compostela Teléfono 981 58 36 64

Café Carpanta

Café Carpanta

Plaza Pascual Veiga 4, 15706 Santiago de Compostela

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar