NOTICIAS

Anllóns, Cesures, Ribeira... Vagalumes collendo forma!

Este Sábado 26 celebrouse en Carballo a III edición da Pedestre do Anllóns, e alí estivemos varios membros do Club Deportivo Vagalume Energía, dando continuidade a este proxecto deportivo que nace neste final de ano, primeira toma de contacto na pasada Sin-Son, e pouco a pouco imos descubrindo novas carreiras e facendo debutar integrantes do equipo de atletismo.

Perfecta organización do clube Os Muditos, co amigo Andrés Eirís á cabeza e todos os colaboradores que nos trataron de luxo e incluso nos agasallaron cunha gran chocolatada ao final da proba, e todo esto a custo cero.
Proba cun perfil a piori doado, paseo fluvial pola beira do Anllóns nun entorno de gran beleza, sempre se agradece correr por sitios así, escapando un pouco do asfalto.
Moitos pensábamos que debido as datas festivas nas que nos atopamos, a carreira comezaría cun punto de calma en canto a ritmo, pero nada máis lonxe da realidade, vese que había presa e o ritmo foi vertixinoso dende os primeiros metros, en apenas 3 minutos chegarían xa os atletas que encabezaban a proba ao paso polo indicador do primeiro Km.
Este ritmo tan alto, fixo que as posición de cabeza sufrisen contínuos cambios, con algún que outro pinchazo incluído.
7 membros do Vagalume fomos os que nos desprazamos ata a comarca de Bergantiños.
Esteban, que tras pasar uns meses con molestias que lle impediron ter continuidade correndo, marchou máis que contento de Carballo tras poder correr case sen dor e con mellores sensacións.
Eva e Cristina, que fixeron unha estupenda carreira indo xuntas prácticamente durante todo o percorrido.
Pablo e Yago, que tamén compartiron kms a par, e remataron entre os 100 primeiros clasificados, pagando un pouco tamén o alto ritmo dos primeiros kms. 
Alex, retomando pouco a pouco o vicio de correr, logo de varias viaxes e de vacacións atléticas, e Amador, que debutaba coas cores verdes e acadaría unha magnífica 5º posición absoluta e 1º da súa categoría.
Tampouco olvidamos a Cristian, que estivo axudando en labores organizativas e tamén animando durante o percorrido.

Ese mismo día disputáronse outras probas nas que o Vagalume estivo presente, na carreira de Cesures estivo María Tarrío, conseguindo un pódium (2º) dos que xa nos ten acostumados e tamén Antón Barreiro que fixo 12º absoluto.

En Ribeira tivemos de novo a Xosé Antón, na carreira popular de Nadal de campo a través, acadando unha meritoria 14º posición absoluta.

Próxima parada, San Silvestre de Santiago, donde o noso clube colabora en labores organizativas e donde esperamos atoparnos cun montón de amigos.

Feliz Nadal !

Deputación da Coruña

Deputación da Coruña

https://www.dicoruna.es/deportes

Clínica Sandá Fisioterapia

Clínica Sandá Fisioterapia

Rúa do Hórreo, 32, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña Teléfono:981 94 18 39

Tecalis

Tecalis

Software y Diseño Web www.tecalis.com

Forestal Gonzar

Forestal Gonzar

Restaurante Central

Restaurante Central

Rúa Da Raiña, 15 15704 Santiago de Compostela Teléfono 981 58 36 64

Café Carpanta

Café Carpanta

Plaza Pascual Veiga 4, 15706 Santiago de Compostela

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar