NOTICIAS

Carreira Nocturna Solidaria De Vedra

Carrera Nocturna de 6,5 km

Non quedaba outra que comezar o ano participando nunha proba popular, neste caso o Vagalume Energía participaría nunha carreira especial por varios motivos, nocturna e solidaria.

O equipo de O Pino desprazou a varios integrantes ata o veciño concello de Vedra, en donde sobre un percorrido de 6,5 km aprox, máis de 200 participantes retarían as costas sempre presentes nesta localidade e como non, tamén ao frio propio desta época do ano.
Carreira con cuota de inscripción 0€, e algún alimento con fin solidario, a cambio unha proba chea de amigos, kms de competición e diversión, un lote de trofeos para os mellor clasificados, camiseta e chocolate a repetir para todos ao chegar a línea de meta, algo que sen dúbida agradeceuse moito.

Dende O Pino nos desprazamos unha chea de corredores, fumos un dos clubs que máis partipantes aportou a esta proba, o cal nos enche de orgullo, e por riba outra vez pisando por varias veces o pódium.
Como tantas veces, a saída foi a ritmo vertixinoso, e claro, cando na metade de carreira apreceron as primeiras costas máis de un acordouse da alegría no ritmo dos primeiros kms.

O vencedor absoluto foi o internacional Pedro Nimo, compartindo categoría con este e na seguinte posición tivemos ao noso atleta Xose Antón Barreiro, segundo veterano I, e tamén en pódium tivemos a Cristina Carril, 3ª veterán I, acompañando no pódium a dúas grandes atletas como son Marinela Mayo e Mª Jose Grobas, noraboa a todos eles , a todolos participantes e como non aos organizadores por ter colaborado nesta causa.

Este fin de semana se o tempo o permite teremos de novo ao incombustible Barreiro no trail de Salceda de Caselas, loitando contra as inclemencias metereolóxicas, que por outro lado como o seu propio nome indica, son bastante lóxicas nestas datas.

Lume VagaLume !

Deputación da Coruña

Deputación da Coruña

https://www.dicoruna.es/deportes

Clínica Sandá Fisioterapia

Clínica Sandá Fisioterapia

Rúa do Hórreo, 32, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña Teléfono:981 94 18 39

Tecalis

Tecalis

Software y Diseño Web www.tecalis.com

Forestal Gonzar

Forestal Gonzar

Restaurante Central

Restaurante Central

Rúa Da Raiña, 15 15704 Santiago de Compostela Teléfono 981 58 36 64

Café Carpanta

Café Carpanta

Plaza Pascual Veiga 4, 15706 Santiago de Compostela

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar