NOTICIAS

Corresan (Ruta da Prata Angrois) (2016)

Amador Pena vence en Angrois

Carreira Popular O CorreSan comeza a ritmo de marca con 600 participantes

 La Voz, 31 de xullo de 2016. Actualizado ás 05:00 h.

 

Angrois vestiuse de gala para acoller a primeira proba da quinta edición do CorreSan. A carreira popular comezou apuntando a marca, con 600 persoas inscritas para o circuíto completo, fronte ás setecentas que o fixeron no global do ano pasado. Cabe esperar que se superen estas cifras, xa que se volverá abrir a inscrición de cara á proba estrela: a carreira nocturna do 3 de setembro.

En Angrois competiron un total de seiscentos participantes repartidos en cinco categorías. Amador Pena, do Clube Deportivo Vagalume Enerxía, foi o primeiro en cruzar a liña de meta do percorrido de adultos, de cinco quilómetros de lonxitude. O atleta compostelán demostrou a súa capacidade para dosificar forzas e remontar, xa que completou a primeira volta da proba como terceiro. Seguírono de preto Alberto Chaves e Miguel Penedo.

Alevíns e benxamíns fixeron un percorrido de pouco máis dun quilómetro. Carol Santos, que xa gañara o ano pasado, volveuse facer coa vitoria un ano máis. Por detrás dela chegaron Sergio Prieto e Mateo Cao.

Na segunda proba, de case dous quilómetros e medio para as categorías de cadetes e xuvenís, impuxéronse Diego Alonso, Roberto Vieiro e Daniel Quintas.

 

Deputación da Coruña

Deputación da Coruña

https://www.dicoruna.es/deportes

Clínica Sandá Fisioterapia

Clínica Sandá Fisioterapia

Rúa do Hórreo, 32, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña Teléfono:981 94 18 39

Tecalis

Tecalis

Software y Diseño Web www.tecalis.com

Forestal Gonzar

Forestal Gonzar

Restaurante Central

Restaurante Central

Rúa Da Raiña, 15 15704 Santiago de Compostela Teléfono 981 58 36 64

Café Carpanta

Café Carpanta

Plaza Pascual Veiga 4, 15706 Santiago de Compostela

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar