III Camiño das Letras (2016)
1-zefzageazomygq.png)
1-zefzageazomygq.png)
Pena e Lara Buig gañan a III Carreira Camiño das Letras
A proba busca unir a conmemoración do Día das Letras Galegas e o simbolismo da ruta xacobea coa práctica do atletismo
Podio femenino e masculino da categoría absoluta da III Carreira Camiño das Letras
Como en edicións pasadas, deporte e cultura volvéronse a entremezclar na III Carreira Camiño das Letras que se celebrou onte en Compostela, con saída na Lavacolla e chegada no Estadio de San Lázaro, e que discorreu polo tramo da ruta xacobea situado entre eses dous puntos, de aproximadamente 11 quilómetros para as categorías absolutas. O santiagués Amador Pena, do Club Vagalume Energía, foi o primeiro en pisar a liña de meta en compañía do tamén compostelano de Pedro Nimo (3&Run By Pedro Nimo) e de Miguel Penedo, compañeiro de equipo de Nimo, que completaron a proba no mesmo tempo. A boirense Lara Buig (S.D. Barbantia Roda), con 48 minutos e 21 segundos, foi a gañadora feminina, por diante de María Tarrío (CD Vagalume) 49:41, sendo Cristina Carril, tamén do Vagalume, terceira (51:59).
Unha vez finalizada a proba dos maiores, chegou o turno dos escolares que correron nun circuito do aparcadoiro do estadio. Lois Rosendo Piñeiro e Uxía Rodríguez foron os gañadores en pitufos. Os irmáns Rodrigo Vázquez e Coral Vázquez impuxéronse en prebenxamíns, sendo Marta Uzal López segunda. En infantil masculino gañou Iago Cid, por diante de Alejandro Guillermes. En feminino triunfou Gabrielle Botana, mentras Hugo Torres e Enma Argibay foron os primeros alevíns. Os campións cadetes: Yolanda Mareque e Daniel Losada.
No apartado de xuveniles, venceu Shewaferaw Tomé Rodríguez superando Xabier Fernández (segundo), e Vanessa Juncal fixo entre as mozas. Steliana Zaharia Casiana foi a primeira junior promesa, e Enrique Otero fixo o propio en masculino. O premio para o centro de ensino con máis participantes recibiuno o colexio La Salle, que obtivo un trofeo e un lote de libros para a súa biblioteca, mentres que o trofeo e o lote de libros para o club con máis corredores acadouno para o Fontes do Sar. Todos os corredores que finalizaron en tempo recibiron un libro e un diploma. O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, realizou o disparo de saída da proba dos adultos.