NOTICIAS

Trail de Castro Barbudo (2016)

Amador Pena e María González vencedores do I Trail Castro Barbudo

RIANXO> A carreira, disputada este domingo, era a última das citas do circuíto Arousa-Revolutrion Trail Series, tras as probas celebradas en Ribeira, Pobra do Caramiñal e Boiro.
Uns 285 corredores, sumando categoría masculina e feminina, participaron onte domingo no I Trail Castro Barbudo. A saída da proba, a última das catro das que constou este ano o circuíto Arousa-Revolutrion Trail Series, tiña lugar nas inmediacións de Campo Maneiro, lugar fixado tamén para a chegada. Como veu acontecendo tamén nas probas anteriores a carreira estivo moi condicionada pola metereoloxía. Aínda así o vento e a chuvia, que apenas cesou durante toda a proba, non impediron que se vira un bo espectáculo, máxime pola beleza do trazado polo que discorreu a carreira. Na categoría masculina o vencedor foi Amador Pena do Vagalume Energía, cun tempo de 01:02:20. Por detrás del, a tan só 26 segundos de diferenza, Lois Rodríguez do Revolutrion Trail e Samuel Saborido do Tribu Trail. En canto á categoría feminina a gañadora foi María González que entrou na liña de meta cun tempo de 01:18:57. En segunda posición entrou Lara Buig e de terceira Silvia Calvo. A proba de onte serviu ademais para determinar ós gañadores do circuíto Arousa-Revolutrion Trail Series. Na categoría masculina o premio foi para o padronés Lois Rodríguez, dominador do circuíto, ó ser o vencedor en tres das catro probas disputadas. Acompañándoo no podio Ramón Folgar e Jorge Manuel García. En categoría feminina a vencedora do circuíto foi María González, seguida de Laura González e María Begoña Cajade. A carreira celebrouse sen ningún incidente de consideración e os atletas participantes destacaron, tanto o alto nivel organizativo coma a espectacularidade do percorrido. A organización da proba, a asociación Arousa NEO, xa están a pensar na próxima edición dado o éxito acadado con máis de 1.200 participantes sumando as catro probas disputadas. Unha cifra que evidencia claramente o auxe que están a ter este tipo de probas na actualidade. Os amantes do trail terán unha nova cita o próximo día trinta de abril coa disputa da cuarta edición do Ultratrail do Barbanza, de longa distancia, con dous percorridos, un de trinta e cinco quilómetros e outro de sesenta, con saída e chegada en Ribeira.

Deputación da Coruña

Deputación da Coruña

https://www.dicoruna.es/deportes

Clínica Sandá Fisioterapia

Clínica Sandá Fisioterapia

Rúa do Hórreo, 32, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña Teléfono:981 94 18 39

Tecalis

Tecalis

Software y Diseño Web www.tecalis.com

Forestal Gonzar

Forestal Gonzar

Restaurante Central

Restaurante Central

Rúa Da Raiña, 15 15704 Santiago de Compostela Teléfono 981 58 36 64

Café Carpanta

Café Carpanta

Plaza Pascual Veiga 4, 15706 Santiago de Compostela

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar